a CASA DA PASTORA é unha Casa de Turismo Rural en Tabeirós – A Estrada, Pontevedra, Galicia.


CASA DA PASTORA, CALIDADE GARANTIZADA

compromiso-calidade-turistica

Fomos distinguidos co selo de Calidade Turística en Destino que acredita o compromiso coa calidade e a mellora continua da nosa casa rural.
Aseguramosche plena satisfacción na tua estancia.



CONEXIÓN A INTERNET WIFI GRATUITA

wifi-gratis

Sabemos que necesitades unha conexión a internet de calidade para os vosos Smartphones, Tablets e Portátiles, por iso ampliamos a cobertura da nosa WIFI nas habitacións, zonas comúns e na terraza exterior.




Almorzos Tipo Buffet

desayunos

Os nosos almorzos son moi completos con diferentes tipos de café: de puchero, descafeinado, cappuccinos, etc. infusións, colacao, Diferentes tipos de leite: normal, sen lactosa, de soia, etc.; Marmeladas caseiras e comerciais, mel, cereais, tostadas, galletas, bizcochos, pan con tomate e aceite, froita fresca e caseira, froitos secos, embutidos, ovos, bacon e tortilla francesa, etc.


Especialidade en carnes e bacallau á brasa

carne-brasa

Non deixes de probar as nosas especialidades:
O espectacular Cocido Galego, o delicioso Bacallau Gratinado con Grelos, as exquisitas Carrilleras de Tenreira Galega e seguro que che sorprenderemos co Rabo de Tenreira Galega ao Estilo da Casa.




Oito habitacións

Na nosa casa temos oito habitacións dobres con baño individual, calefacción, internet wifi e fio musical.



Parking cuberto e Xardín

O noso patio ou eira ten un gran porche con parking cuberto e un xardín para poder facer fogueiras e barbacoas.



Comedor moi Acolledor

Temos un comedor moi acolledor para que disfrutes das nosas comidas e ceas feitas con moito cariño !



Coñece a nosa Cociña

Ven a coñecer a nosa cociña: pratos de sempre e outros máis actuais, con ingredientes de calidade e lume lento.

A “Casa dá Pastora” como é coñecida na parroquia desde sempre, foi completamente restaurada e rehabilitada a finais do século pasado. As obras de acondicionamento terminaron no ano 2000 e no 2001 abrimos as nosas portas ao público como casa de turismo rural.

Entre o 2004 e o 2012 o establecemento foi explotado por persoas alleas á familia, e no 2013 os netos de María “A Pastora”, recuperamos o control e a xestión da casa, coa ilusión e a firme intención de volver dotala da calor e o trato familiar que se merecen os nosos clientes, cos que en moitos casos seguimos en contacto ao longo deste nove anos, e que se mantiveron fieis a Casa dá Pastora no noso regreso, o cal é un motivo de orgullo para nós e un gran aliciente para seguir facendo as cousas o mellor posible.

Estaremos encantados de recibirlles, e trataremos de facer que a súa estancia connosco convértase nunha experiencia pracenteira e inesquecible.

Moitas grazas.

Ofrecémosche unha estancia relaxante, confortable e con todo o que necesites.

Temos un amplo comedor para que poidas celebrar un evento coa túa familia, amigos ou de empresa.

Temos un aparcadoiro cuberto para que o teu coche tamén se senta confortable.

Ofrecémosche unha ampla casa de pedra moi coidada, con xardín e amplas vistas da zona.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies