A Casa

Casa de Turismo Rural en Tabeirós – A Estrada, Pontevedra, Galicia que ten oito habitacións dobres con baño individual, cada unha ten o seu encanto e teñen nomes de antigos oficios Galegos. Todas elas contan con calefacción, teléfono, televisión e fío musical. Tamén temos camas supletorias e servizo de lavandaría (consultar).

Entre os servizos sen custo adicional atópanse os berces para bebes, tronas, ferro, etc.

O patio ou a eira, como nós chamámoslle, ten un gran soportal, un parking cuberto e un xardín, onde se fan fogueiras e grelladas, é ideal para primavera e verán.

A decoración realizouse con parte de mobles restaurados, obxectos antigos e obxectos de hoxe día nunha mestura exquisita, coidouse ao máximo o detalle e a harmonía de toda a casa.

Ademais, ofrécense diversos servizos para a súa distracción: televisión común, reprodutor de DVD, equipo de música e xogos de mesa.

Resumo de características: Almorzos, Berce, Nos arredores, Illada en campo, Preto de praia, Equipo música, Reprodutor DVD, Patio, Comedor, Preto de río, Televisión, TV habitación, Calefacción, Internet, Xardín, Mobles xardín, Grellada, Terraza, Cheminea, Parking, Garaxe, Sala multifunción, Secador de pelo, etc.

Imaxes da Casa

 

Tamén podedes ir vendo as imagenes do noso usuario de Instagram no pé da páxina !!!

top

Ofrecémosche unha estancia relaxante, confortable e con todo o que necesites.

Temos un amplo comedor para que poidas celebrar un evento coa túa familia, amigos ou de empresa.

Temos un aparcadoiro cuberto para que o teu coche tamén se senta confortable.

Ofrecémosche unha ampla casa de pedra moi coidada, con xardín e amplas vistas da zona.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies