Comedor

Temos un amplo comedor para realizar todo tipo de comidas e eventos tanto para particulares como para empresas.

Se estas pensando en ir de cea cos amigos, celebrar o bautizo ou confirmación do teu fillo/a con a túa familia, celebrar a túa voda, etc. non dubides en pedirnos prezo xa que nos adaptaremos ao teu orzamento e buscaremos o mellor menú que podamos.

Se tes unha empresa e estas pensando en realizar unha comida ou cea cos empregados ou celebrar un evento de presentación dun produto ou servizo, non dubides en contar connosco para realizalo na nosa casa. Podémosche ofrecer moitas e variadas opcións tanto para unha comida como para unha cea.

Na nosa cociña poderás atopar os pratos de sempre e outros máis actuais, con ingredientes de calidade e sempre a lume lento.

E o mellor, temos unhas estupendas especialidades como son:

  • O espectacular Cocido Galego
  • O delicioso Bacallau Gratinado con Grelos
  • As exquisitas Carrilleras de Tenreira Galega
  • E seguro que che sorprenderemos co Rabo de Tenreira Galega ao Estilo da Casa

Para pedirnos orzamento ou efectuar o teu reserva podes facelo chamando ao número 986 57 82 99, ou ben enviando un email a info@casadapastora.com

Ofrecémosche unha estancia relaxante, confortable e con todo o que necesites.

Temos un amplo comedor para que poidas celebrar un evento coa túa familia, amigos ou de empresa.

Temos un aparcadoiro cuberto para que o teu coche tamén se senta confortable.

Ofrecémosche unha ampla casa de pedra moi coidada, con xardín e amplas vistas da zona.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies