Que ver

O Pazo de Oca

Coñecido pola súa beleza como o "Versalles galego", por ser obra mestra da arquitectura e a xardinaría do barroco e o conxunto pacego mellor conservado e máis representativo de Galicia. Horarios Todos os días da semana: Inverno (novembro a marzo): de 9 a 18.30 horas. Verán (abril a outubro): de 9 a 20.30 horas. Entrada até 30 minutos antes do peche. Prezos: Entrada individual: 4 €, Entrada grupos: 2,50 €/persoa

Ponte Colgante de Xirimbao

A Ponte Colgante é un dos maiores atractivos turisticos da comarca. Leste divide os concellos de Teo e da Estrada e localízase en Couso, a uns 5 quilómetros da Estrada. É unha estrutura metálica, de aluminio e aceiro polo que pasa o limpo e transparente rio Ulla, formando unha paisaxe espectacular. Tambien hai un robledal, con mesas e bancos de madeira ideal para comer ou pasar o día.

Área Recreativa e Praia Fluvial O Areal en Berres

Situada na parroquia de Berres, atópase unha área de recreo onde se pode pasar un día de lecer e descanso en compañía de grandes e pequenos. Ademais, pódese gozar dun baño na súa praia fluvial. O lugar é moi tranquilo e ideal para gozar da natureza, onde o rumoreo da auga e os paxaros danlle un toque de tranquilidade e paz moi relaxante para pasar un agradable día de domingo.

"A Rapa das Bestas" en Sabucedo

Celébrase durante o primeiro fin de semana do mes de xullo. Esta festa cultural e turística que consiste en cortar as crines dos cabalos que se realiza nos curros (recintos pechados onde se recollen os cabalos) esta acompañada de varios días de festa con orquestras, animación e varias rapas para o goce dos miles de turistas e foráneos que acoden a esta festa marcada no calendario.

Parque natural do Río Barosa

Combina a natureza e a arquitectura popular e convérteo en arte. Auga, vexetación e pedra únense para formar un conxunto excepcional creado pola natureza e o home.O lugar conta cun fermoso salto ou fervenza de auga, onde o Río Barosa salva case 60 m en moi pouca distancia. Unha serie de catorce muíños de auga, dispostos ao longo das fervenzas forman un complexo único ao que se une unha fermosa e pequena ruta de ascenso e descenso pola outra ribeira.

A Fervenza do Toxa

Situadas no pobo de Bandeira (Silleda), pouco antes da desembocadura do río Toja no río Deza, atópanse as cataratas máis altas de Galicia e unhas das máis altas de España. É unha fervenza situada no máis profundo dun fermoso bosque e é impresionante, polo que non é estraño que veñan a facer fotos para campañas publicitarias, ródense anuncios ou a escena dalgunha película nesta espectacular paraxe.

top

Ofrecémosche unha estancia relaxante, confortable e con todo o que necesites.

Temos un amplo comedor para que poidas celebrar un evento coa túa familia, amigos ou de empresa.

Temos un aparcadoiro cuberto para que o teu coche tamén se senta confortable.

Ofrecémosche unha ampla casa de pedra moi coidada, con xardín e amplas vistas da zona.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies